Continúan os traballos de roza e limpeza nas marxes de distintas estradas autonómicas

1 minutes read

A empresa pública Seaga vén realizando nos últimos meses tarefas de acondicionamento nas franxas de dominio público de vías autonómicas das catro provincias para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.

No marco destas actuacións, comezarán os traballos nas estradas da provincia de Ourense: na OU-504 entre Ribadavia e Cea, e na OU-531, que une Xinzo e Cortegada. Ademais, retomaranse estas tarefas na estrada OU-105, que comunica a cidade de Ourense coa Ponte Noalla, en San Cibrao das Viñas.

Na provincia de Lugo avanzarase nos traballos de roza na vía de altas prestacións CG-2.2, en Lugo e no Corgo; e na provincia da Coruña retómanse os traballos de roza na VAP VG.-1.2, entre Ares e Mugardos.

En canto ás actuacións nas estradas de titularidade autonómica da provincia de Pontevedra, este luns retomaranse os labores de roza e limpeza nas vías de alta capacidade: CG-4.2, entre Tomiño e A Guarda, e na PO-010, que une a autoestrada de circunvalación de Vigo VG-20, no lugar de Balsa, co polígono industrial de Balaídos. Tamén se intensificarán os traballos na VG.-4.3, entre Cambados e Vilagarcía.

As tarefas que se veñen realizando céntranse na retirada de especies pirófilas, aquelas que son máis propensas á propagación do lume, coa fin de previr incendios forestais.