Controlado un lume forestal rexistrado no Concello de Negueira de Muñiz

1 minutes read

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello lugués de Negueira de Muñiz, parroquia de San Pedro de Ernes, xa foi controlado.

Este lume comezou ás 2,01 h. da madrugada do sábado. Segundo as estimacións, a superficie afectada foi dunhas 30 hectáreas. Na súa extinción traballaron 7 axentes, 23 brigadas, 7 motobombas, 2 pas, 1 tractor, 4 helicópteros e 6 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.