33
Os de Adrián Dubra que militan en Primeira Nacional, noquearon ao Lavadores Vigo por 31-18. De momento todo pinta moi ben para un Calvo Xiria que fixo unha moi boa pretempada. Non resulto o partido esperado entre os dous mellores da pasada tempada. Os cambios sufridos no persoal do U.D. Lavadores, que quedou sen patrocinador a semana pasada, posiblemente foron clave no resultado deste sábado. O Calvo Xiria levou unha vitoria quizais mais folgada do esperado sen que o seu rival puidese facer nada para evitalo.