Os baixos cunha altura de 2,5 metros poderán transformarse en vivendas cando antes se requiría un mínimo de 3,2 metros. E tamén se flexibilizan as condicións que debe cumprir unha vivenda para ser considerada exterior. Co cambio aprobado recentemente, facilítase a delimitación dos tipos de espazos exteriores aos que se deben abrir as vivendas para ter tal consideración, ao permitir aos concellos definir cales son estas zonas sen necesidade de acometer unha modificación do seu planeamento urbanístico, co aforro de tempo e recursos que isto implica. A Xunta salienta que a flexibilización para converter baixos comerciais e entreplantas en desuso en contornas urbanas en vivendas permitirá aumentar a oferta residencial e baixar os prezos dos alugueiros.
0