Convocada a liña de axudas para impulsar a dinamización das prazas de abastos

1 minutes read

A convocatoria, que se acaba de publicar Diario Oficial de Galicia (DOG), contempla axudas tanto para os concellos como para as asociacións e federacións de praceiros. Realizaranse melloras en accesos e infraestruturas, no mantemento ou na eficiencia enerxética, de acordo ao compromiso galego de colaborar cos comerciantes, pemes e autónomos para facer fronte aos problemas actuais do prezo eléctrico. Tamén se impulsará a mellora dos servizos á clientela, a creación de marketplaces ou campañas de dinamización. O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, informou nunha visita ao mercado de Vilanova de Arousa (Pontevedra) deste novo programa de axudas dotado con 870.000 euros co que se impulsará a dinamización das prazas de abastos e a creación dunha rede de mercados excelentes nos municipios galegos.