- O lema da manifestación será «Alto á agresión ianque contra Venezuela, Pola paz e soberanía dos pobos».
As organizacións convocantes, a Asociación AGABO e as integradas no Capítulo Galego da Internacional Antifascista (AGABO, Asamblea Republicana Galega, , Asociación Galego Cubana Francisco Villamil, Bloque Nacionalista Galego (BNG), Central Unitaria de Traballadoras (CUT), Comité Antifascista da Louriña, Comité Galego do PCE (m-l), Colectivo da Raia, Comunismo Revolucionario Galego, Confederación Intersindical Galega (CIG), Encontro Galego contra a OTAN, Fundación Moncho Reboiras, Galiza Nova, Insubmisas contra o Rearmamento, Mar de Lumes, Movemento Arredista, Partido Comunista da República Galega (PCRG), Partido Comunista do Pobo Galego, Partido Comunista dos Pobos de España – Comunistas da Galiza, Plataforma Antifascista e Republicana, Podemos Galiza, Unión do Pobo Galego (UPG), Xuventude Comunista de España (Marxista-Leninista) chamamos á mobilización o próximo sábado 10 de xaneiro ás 12h na cidade de Santiago de Compostela desde a Alameda baixo o lema “Alto á agresión ianque contra Venezuela, Pola paz e soberanía dos pobos” para condenar a agresión militar dos EEUU contra Venezuela, rexeitar o secuestro do presidente venezolano Nicolas Maduro e da primeira dama, Cilia Flores, expresar a nosa solidariedade co pobo venezolano e defender o dereito á soberanía do pobos.
O sucedido constitúe unha violación grave do Dereito Internacional e do sistema multilateral :
- Vulnera a Carta das Nacións Unidas e o seu principio de prohibición do uso da forza contra a integridade territorial dun Estado.
- Vulnera o dereito á soberanía nacional de Venezuela.
- Carece de autorización do Consello de Seguridade da ONU, polo que é ilegal.
- Establece un precedente perigoso que ameaza a seguridade global e rexional.
Desde as organizacións convocantes facemos un chamamento ao movemento político, sindical, asociativo e social da Galiza para mobilizarse masivamente o próximo sábado en Santiago de Compostela, Galiza é un país solidario e internacionalista, afirmamos con rotundidade: non á guerra, non á inxerencia, si á soberanía dos pobos e á paz. Galiza coa Venezuela!