Convocada unha concentración na Coruña con motivo da visita do rei Felipe VI

1 minutes read
  • A plataforma Vía Galega convocou unha concentración para o vindeiro día 30 diante da Reitoría da Universidade da Coruña

A plataforma Vía Galega convocou unha concentración en A Coruña con motivo da presenza do rei Felipe VI, que acudirá á cidade herculina para participar no acto institucional de inicio académico do Estado.

A concentración será o vindeiro 30 de setembro ás 11:00 h. na Rúa Maestranza, diante da Reitoría da Universidade da Coruña.

Desde Vía Galega fan un chamado a participar nesta acto para «rexeitar a presenza do Rei Filipe de Borbón como representante dunha institución anacrónica, como a monarquía española, que nega os dereitos do pobo galego».

Co lema “Galiza non ten Rei, avante a República Galega”, esta plataforma quere expresar que a monarquía fai parte dun sistema inxusto, onde prevalecen os privilexios e a herdanza do franquismo, que fomenta o centralismo e a dependencia de Galiza, ademais de limitar os dereitos para o ensino público galego.