Convocada unha manifestación para o día 21 en Santiago en protesta pola xestión da vertedura

1 minutes read
  • A convocatoria xorde dunha asemblea das plataformas, agrupacións de mariscadoras, ecoloxistas e os organizadores da trintena de grupos de whatsapp organizados na comunidade Limpeza de pellets.

Os convocantes, as plataformas en defensa das rías de Arousa e Muros-Noia, dúas das primeiras en ser afectadas pola vertedura de pellets, cren que este novo desastre ecolóxico puxo de manifesto, unha vez máis, as “deficiencias” do sistema de defensa da costa. O lema será “Na defensa do noso mar”. Por iso, todo o sector do mar, ecoloxistas e voluntariado está convocado a unha gran manifestación en Santiago de Compostela o domingo 21 de xaneiro.

Os convocantes queren que, tanto Xunta como Goberno central, expliquen con total “transparencia” todo o que fixeron desde que tiveron coñecemento da vertedura. “Teñen datos das boias, informes de oceanografía operacional”, asegurou o voceiro da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA), Xaquín Rubido. “Demandamos que se depuren as responsabilidades oportunas e lse leven a cabo as melloras técnicas necesarias para que non teñamos que repetir esto. Estamos fartos de incompetencias e mentiras”, concluíu.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?