Convocada unha segunda liña de axudas ás axencias de viaxes


A convocatoria desta segunda liña de axudas autonómicas destinadas ás axencias de viaxe é para contribuír ao seu mantemento como canle principal de comercialización do destino Galicia, por importe de 350.000 euros.

O obxectivo destas axudas, que xa abriron o prazo para a súa solicitude, é prestar apoio a un colectivo fundamental no conxunto das empresas de servizos turísticos, xa que as axencias de viaxe son instrumentos imprescindibles para a comercialización de Galicia como destino turístico, visibilizando toda a oferta turística de Galicia a través de seu labor profesional.


Poderán ser obxecto das axudas, os gastos derivados do alugueiro dos locais, asi como os gastos derivados dos préstamos hipotecarios sobre os locais nos que se desenvolve a actividade da empresa. O importe da subvención será do 90 % para un gasto subvencionable de ata 10.000 euros. Cando o gasto subvencionable supere esta cantidade, o importe da subvención será do 80 %.