O Goberno local coruñés e os representantes sindicais dos traballadores municipais (UGT, CCOO, CIG e CSIF) acordaron abrir unha Mesa de Negociación o vindeiro 14 de setembro que fixará un calendario de traballo onde se abordará a valoración dos postos de traballo (VPT) e a elaboración dunha nova Relación de Postos (RPT).
Tamén será obxecto de negociación a regulación do fondo de axudas sociais aos empregados municipais, a regulación do teletraballo, a modificación das normas de xestión da RPT actual e tamén o desenvolvemento do acordo estatal para rematar coa temporalidade no emprego público.
Dentro dos planas municipais para a mellora das condicións laborais o Concello vén de aprobar, dacordo cos representantes sindicais, a convocatoria de 212 prazas de promoción interna, a primeira que se leva a cabo en máis dunha década e que permitirá mellorar as súas condicións a 91 bombeiros e 121 auxiliares administrativos.