Convocadas as bases do certame de Noveis Deseñadores da 31ª Mostra do Encaixe

Cedida

  • O prazo para presentar os traballos remata o 3 de decembro. Repartiranse 4.5000 euros en premios

Desde este martes e ata o 3 de decembro, aquelas persoas interesadas en participar no certame de Noveis Deseñadores da XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, que se celebrará do 13 ao 17 de abril do próximo ano, xa poden presentar os seus traballos.

O obxectivo principal do concurso é fomentar e promocionar a aplicación do Encaixe de Camariñas na moda, concedéndose mediante a valoración do xurado oficial tres premios ás mellores coleccións, ademais dun premio especial do público. O primeiro premio constará de 2.100 euros, o segundo de 1.200 euros, e tanto o terceiro como o premio especial do público terán unha dotación económica de 600 euros cada un.

A participación poderá facerse individualmente ou en grupo, sendo o máximo de integrantes tres persoas. Cada aspirante presentará unha colección composta por 4 deseños que deben conter co encaixe de Camariñas. O tema e a modalidade son libres. Quedan excluídos os deseños de moda infantil.

Poden concorrer á convocatoria todos os noveis deseñadores con independencia da súa nacionalidade ou país de residencia, sempre que estean cursando estudios nos centros que impartan ensinanzas de deseño e técnicas de confección, e todas aquelas persoas vencelladas o mundo do deseño.

Consulta aquí as bases.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha