Convocados cursos selectivos de promoción a distintas categorías de Policía Local

1 minutes read

Aberta a convocatoria dos cursos selectivos para 16 aspirantes a promocionar a distintas categorías nos corpos de Policía Local, tal e como recolle o Diario Oficial de Galicia deste venres. Trátase de accións formativas obrigatorias nos procesos selectivos para poder tomar posesión como funcionarios de carreira nos rangos de oficialinspector ou inspector principal.

Nos respectivos cursos o alumnado formarase durante 250 horas de xeito semipresencial na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) do 6 de febreiro ao 27 de marzo. A programación prevista inclúe módulos de contido operativo, xurídico, técnico, administrativo e de comunicación, así como práctico.

Rematada a formación, dez persoas aspirantes á categoría de oficial exercerán nos concellos de Ames, Burela, Caldas de Reis, Gondomar, Moaña, Noia, Ponteareas, Pontevedra, Ribeira e Teo. Pola súa banda, os aspirantes a inspectores tomarán posesión en Baiona, Ribeira e Vigo, e outros tres aspirantes a inspectores principais farano na Coruña e en Ourense. As solicitudes de inscrición deben ser remitidas polas administracións locais a través dun escrito á Agasp para a reserva das correspondentes prazas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?