Conxelados un ano máis os prezos das matrículas universitarias

1 minutes read

Galicia vai manter conxelados os prezos das matrículas universitarias cara o vindeiro curso académico 2023-2024, o que supón continuar coa política de contención de taxas que o Goberno galego leva aplicando desde hai 13 anos. Isto sitúa un ano máis a Galicia como a comunidade cas taxas universitarias máis baixas do país. As taxas universitarias mantéñense invariables, cun prezo medio de 11,89 €/crédito para todas as primeiras matrículas de grao e de máster non habilitantes (enfocados á especialización de coñecemento ou á investigación científica) e habilitantes (necesarios para exercer unha profesión). Isto fai que Galicia sexa a comunidade máis barata do Estado nos estudos de máster non habilitante e a segunda no caso dos graos e de máster habilitante (tan só superada por Canarias a moi pouca distancia).

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?