Coristanco conmemora o Día Mundial da Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA)

1 minutes read

O Concello de Coristanco en colaboración con Agaela (Asociación Galega de Afectados de Esclerose Lateral Amiotrófica) quere deixar constancia de que «A ELA existe» no seu Día Mundial. Esta é unha enfermidade neurodexenerativa incurable, progresivamente incapacitante. En España diagnostícanse 3 casos novos de ELA ao día, e calcúlase que 1 de cada 4 españois padecerán a enfermidade. A pesar disto, a Esclerose Lateral Amiotrófica segue sendo unha enfermidade invisible e esquecida. A falta de inversión para a súa investigación fai que en máis de 20 anos apenas se avanzase no tratamento, contención nin cura. 

Con este motivo, o Concello de Coristanco colabora coa iniciativa e súmase a mesma coa iluminación do concello de cor verde durante esta fin de semana, querendo así homenaxear a todas aquelas persoas que fan frente a enfermidade co lema #LuzporlaELA. Preténdese así visibilizar a enfermidade e apoiar a todos os afectados e as súas familias.

Durante a semana, xa se estiveron desenrolando diferentes dinámicas en pro desta iniciativa. Dende a Biblioteca Municipal e o Departamento de Cultura fixeron a súa aportación. En especial quíxose homenaxear a dúas persoas que participaron activamente no proxecto Reflexións en Voz Alta, na que Genaro (afectado de ELA) e a súa muller Isabel desenvolveron un obradoiro de Cestería. Encargados de inaugurar este espazo de encontro con artistas e artesáns locais o pasado mes de febreiro, Genaro e Isabel protagonizaron unha clase maxistral non só das labores de cestería, senón tamén coma un exemplo de complicidade e apoio mutuo. A ELA afecta non só aos enfermos, senón que actúa coma unha bomba de racimo que golpea moi duramente ao entorno da persoa enferma.