O Concello de Coristanco recibiu das autoras locais Loli España e Isabel Soutullo dúas obras adicadas á pataca e á celebración que dende 1980 se festexa na localidade.
Debido á situación da Covid-19, este ano non puido celebrarse a popular «Festa da pataca de Coristanco», pero desde o concello impulsouse unha iniciativa para apoiar a cultura e a tradición da zona baixo o lema “A pataca de Coristanco resiste”. Fotografías, debuxos e figuras feitas cos tubérculos foron os protagonistas desta iniciativa na que participaron moitos veciños.