Coristanco organiza un concurso infantil de postais de Nadal

1 minutes read

Coristanco comeza a quecer os motores para celebrar este Nadal por todo o alto. O Concello convoca o Concurso Infantil de Postais de Nadal 2026, unha iniciativa que ten o obxectivo de fomentar a creatividade, promover o uso da lingua galega e manter vivas as nosas tradicións de Nadal.

No concurso poderá participara todo o alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria dos centros educativos de Coristanco. Os alumnos e alumnas interesados poderán entregar os seus traballos nos respectivos colexios ata o venres, 11 de decembro de 2026, incluído.

Cada alumno participante poderá presentar unha única postal, orixinal e inédita, inspirada no Nadal tradicional galego. A técnica artística será libre e recoméndase o formato A5.

O concurso conta con cinco categorías:

▪️4º, 5º e 6º de Educación Infantil.

▪️1º e 2º de Educación Primaria.

▪️3º e 4º de Educación Primaria.

▪️5º e 6º de Educación Primaria.

▪️Educación Secundaria Obrigatoria.

As bases completas do concurso están dispoñibles na Sede Electrónica do Concello de Coristanco e concederanse dous premios por categoría, consistentes en libros ou material didáctico.

Desde o goberno local animan a todo o alumnado a participar nesta iniciativa para que “os máis pequenos e pequenas lle poñan cor, ilusión e maxia ás nosas festas. Este ano queremos descubrir a maxia destas datas a través das súas miradas, dos seus debuxos e da súa creatividade.”