Semana Tola de Feirauto en Baio, do 23 ao 29 de novembro

1 minutes read

Este venres 20 de novembro presentouse na casa do Concello de Zas a 58ª edición de portas abertas de Feirauto que, nesta ocasión, chega a Baio cunhas xornadas do 23 ao 29 de novembro baixo o lema “Semana Tola”..

Promo do evento.

Na presentación da campaña participaron Manuel Montes, Julio Lema Manuel Martínez, en representación dos talleres participantes; José Gabín, presidente de FECOM; José Brenlla, tenente de Alcalde e Manuel Muíño, Alcalde de Zas.

Os visitantes poderán atopar, especialmente, coches a gasolina ou híbridos, pero, tamén, eléctricos e algún diésel, todos eles revisados e garantizados. Ademáis por cada compra dun vehículo agasallo de 200 euros en combustible e a participación no sorteo dunha viaxe valorada en mil cincocentos euros, en colaboración coa Asociación BaiON.