33
- Hai habilitada unha carpa diante do edificio consistorial de 11:30 a 13:30 horas
O Concello de Coristanco dispón este mércores, de 11:30 a 13:30 horas, dunha carpa xunto á praza do edificio consistorial para depositar pilas, baterías e acumuladores co obxectivo de «concienciar sobre a necesidade de facilitar o proceso de recollida destes elementos», destacan desde a Alcaldía.
Ademais, a partir deste venres situaranse uns colectores específicos en diferentes puntos para facilitar todo o proceso.