A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, participou este venres en Coristanco no foro empresarial Formación profesional e emprego no rural, onde animou á mocidade a aproveitar as oportunidades que ofrece a formación profesional para o emprego no medio rural. A directora xeral destacou en primeiro lugar a importancia da formación para o acceso ao mercado laboral, para a especialización nunha área profesional ou a reciclaxe profesional. “A cualificación permítelle á persoa elixir, comprender e adaptarse a un mercado laboral cada vez máis competitivo e global e reforza a resiliencia da sociedade”, apuntou. Así mesmo, e, en segundo lugar, apostou por una formación que responda ás necesidades e oportunidades do medio rural e, doutra banda, indicou os programas da Xunta que ofrecen unha formación dixital, flexible, adaptada e continuada ao longo de toda a vida laboral das persoas traballadoras.
29