O Ministerio de Traballo e Economía Social lanzou unha guía de actuación no ámbito laboral en relación co coronavirus en que se recolle que as empresas deberán proceder a paralizar a actividade laboral no caso de que exista un risco de contaxio por coronavirus no centro de traballo. Con todo, aposta por activar medidas que permitan o desenvolvemento da actividade laboral de forma alternativa ou ben, se é necesario, a adopción de medidas de suspensión temporal da actividade.
De acordo coa Lei de Prevención de Riscos Laborais, o Ministerio lembra que cando as persoas traballadores estean, ou poidan estar expostas, a un risco “grave e inminente” no seu traballo, a compañía deberá informar canto antes e adoptar medidas necesarias para que se poida interromper a actividade e, se fose necesario, “abandonar de inmediato o lugar de traballo”.
O obxectivo do documento é o de facilitar información sobre a aplicación da normativa laboral en relación ás diferentes situacións nas que se poden atopar as empresas e os traballadores, pero sen prexuízo de interpretar as normas.