Concepción Arenal, nacida o 31 de xaneiro de 1820 en Ferrol, enfrontouse ás convencións do seu tempo e dedicouse a defender ás persoas máis desfavorecidas. A súa firme convicción por aprender, unha curiosidade intelectual que nunca saciou por completo, guiou os seus primeiros anos de vida, aínda cando a súa nai se opoñía formalmente a que cursase estudos superiores.
Correos emitiu este luns un selo dedicado a esta escritora e precursora do feminismo, unha das figuras máis destacadas da historia da Cruz Vermella e tamén una das pensadoras máis importantes do século XIX en España. A emisión deste selo inclúese dentro da serie Mujeres Escritoras e pertence á colección de #8MTodoElAño, dedicada a mulleres emblemáticas na loita pola igualdade.