- Este luns comezou a construción da rotonda da avenida de Bergantiños, que estará parcialmente pechada esta semana
A rúa Perú de Carballo estará pechada ao tráfico dende este martes ata o 6 de abril polas obras que reurbanización que se están producindo na zona. O corte da rúa afecta á circulación dos autobuses, o que obrigará a anular a parada durante estes días.
No relativo aos traballos que se van efectuar, desenvolveranse obras de pavimentación da calzada e tamén se realizará a construción da rotonda que mellorará a fluidez do tráfico no cruce coas rúas Pontevedra e Ecuador. Por esta última serán desviados os turismos procedentes da avenida Ponte da Pedra.
Este luns tamén comezaron as obras de construcción da rotonda que contribuirá á mellora da circulación nos cruces das rúas Vila de Corcubión, Alfredo Brañas e avenida de Bergantiños. Esta última está parcialmente pechada ao tráfico para facilitar o desenvolvemento dos traballos.