domingo, 19 abril , 2026

A avenida da Milagrosa sufrirá un corte de tráfico este venres 7

0 minutes read
  • Por seguridade, está previsto restrinxir o aparcamento e cortar ao tráfico un carril de circulación

O centro especial de emprego Dixardín, que se encarga do mantemento das zonas verdes e das árbores no concello de Carballo, ten programada para o venres 7 de febreiro a poda dos plátanos situados na avenida da Milagrosa, dende o cruce da rúa Xílgaro ata a escola de Arrabais.

Debido ao gran porte das árbores, e por seguridade, está previsto restrinxir o aparcamento e cortar ao tráfico un carril de circulación.