- Preto da unha da tarde restableceuse o tráfico en sentido Vigo
Un incendio nun camión portacoches provocou na mañá deste luns o corte da autovía A-52, á altura do túnel da Cañiza (Pontevedra). O lume calcinou por completo o tráiler do vehículo, que no que había oito turismos.
Por mor dos problemas de visibilidade producidos polo fume no interior do túnel, o persoal de mantemento de estradas confirmou ao 112 Galicia que a totalidade de carrís da A-52 tiveron que permanecer pechados en ambos sentidos. Afortunadamente, despois de sufocar o lume restableceuse o tráfico en sentido Vigo preto da unha da tarde.
Ao lugar dos feitos acudiron axentes da Garda Civil, Bombeiros de Ponteareas e o Ges de Ribadavia.