Covid-19 | Galicia rexistra un total de 16.789 casos activos

Foto Coronavirus_Arquivo

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 16.789 deles 3.391 son da área da Coruña, 2.332 da de Lugo, 2.369 da de Ourense, 1.728 da de Pontevedra, 2.625 da área de Vigo, 2.971 da de Santiago e 1.351 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 35 están en UCI, 839en unidades de hospitalización e 15.915 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 635.514 persoas curadas, rexistrándose 3.645 falecementos.