COVID-19 Galicia: 5.435 afectados, 688 altas e 265 falecementos

1 minutes read
  • As áreas de A Coruña e Vigo son as que maiores rexistros teñen, con 1.117 e 1.094 casos respectivamente

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.435, deles 1.117 son da área da Coruña, 563 da de Lugo, 999 da de Ourense, 466 da de Pontevedra, 1.094 da área de Vigo, 884 da de Santiago, e 312 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 162 permanecen en UCI, 910 están en unidades de hospitalización e 4.363 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 688 altas de pacientes e 215 falecementos en hospitais, alcanzando a cifra de 265 contando coas mortes de anciáns nas residencias.

O número de PCR realizadas é de 32.146.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia.