COVID-19 Galicia: 5.551 persoas contaxiadas e 318 falecidas

1 minutes read

Trece falecementos nas últimas horas elevan a 318 os mortos en Galicia a causa do coronavirus. Estas últimas vítimas da COVID-19 son unha muller de 89 anos e un home de 84 que estaban ingresados no hospital de Valdeorras; un varón de 92 anos e unha muller de 62, ingresados no Álvaro Cunqueiro de Vigo; e un home de 82 anos que estaba sendo atendido no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Segundo informa o Sergas, todos tiñan patoloxías previas.

Así, nos hospitais galegos rexistráronse 257 mortes, catro máis que na xornada anterior; e 61 nas residencias de anciáns, tamén catro falecementos máis que este mércores, para o total de 318 mortos a causa da COVID-19.