COVID-19 Galicia: 6.296 casos confirmados e 470 falecidos

1 minutes read

Galicia rexistrou 120 novos casos activos de coronavirus nas últimas 24 horas, o que reflicte unha repunta nos contaxios. A provincia de Ourense contabiliza 50 casos máis ca este luns. O incremento de casos activos podería, con todo, estar relacionado co maior número de probas PCR realizadas. En só 24 horas reportáronse 6.780 análises deste tipo, o maior número realizado ata o de agora nunha soa xornada e preto do 10 por cento do total de probas feitas, que xa superan as 74.400.

En canto aos falecementos, o parte diario do Sergas recolle nove mortes nas últimas 24 horas. A esa cifra hai que sumarlle outros seis falecidos este mesmo martes. Son un varón de 84 anos, que estaba ingresado no Hospital de Ferrol; un varón de 92 anos, outro de 84 e outro de 80, os tres ingresados no Clínico de Santiago; un varón de 91 ingresado en Monforte; e outro varón de 72 anos que permanecía en Povisa, en Pontevedra. Deste xeito, o número total de vítimas mortais queda en 470.