O conselleiro do Medio Rural, José González, presidiu unha nova xuntanza do Consello Forestal de Galicia, onde deu conta da creación dun equipo multidisciplinar especializado en grandes incendios forestais, no marco do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga) 2023. En concreto, créase unha unidade de directores de extinción composta por un equipo de traballo formado por persoal especialmente cualificado e especializado nos labores de dirección de extinción que, en lumes con elevado potencial de converterse en gran incendio forestal, poderán ser mobilizados polo Centro de Coordinación Central de incendios para a súa intervención, coa intención de facilitar e favorecer o correcto desenvolvemento do dispositivo, asumindo a dirección técnica de extinción á súa chegada ao lume.
28