34
A quebra do grupo de viaxes do Reino Unido Thomas Cook, con 178 anos de historia, xerou unha gran crise turística global, con 600.000 persoas colgadas no estranxeiro, dos cales 150.000 delas son británicos, que están a esperar ser repatriados. A empresa entrou en suspensión de pagos tras fracasar as negociacións de emerxencia co seu principal accionista e acredores a fin de atopar un rescate. O segundo operador turístico máis imporante do mundo non puido asegurar os 200 millóns de libras (uns 227 millóns de euros) que necesitaba como fondos extra para poder garantir a súa supervivencia, tras unha xornada completa de reunións cruciais mantidas en Londres este domingo.