Cristian Canosa renova polo Calvo Xiria BM

0 minutes read

O camariñán, Cristian Canosa, seguirá unha tempada máis no Calvo Xiria aportando desde a primeira liña. “Fari” chegou na pasada tempada e conquistou á afección co seu bo traballo e seriedade. Falando con el cóntanos que: “Estou moi contento de formar parte deste clube e poder defender esta camiseta un ano máis. Con moitas ganas de comezar a competición e poder axudar en todo o que poida ao equipo para lograr o obxectivo”.