Na proba déronse cita máis dun centenar de pilotos que fixeron fronte ás altas temperaturas alcanzadas por momentos en toda a zona. O piloto zamorano Cristian Escribano ampliou a súa vantaxe na xeral e avanza cara ao obxectivo de revalidar o título de campión de España tras impoñerse este domingo en Carballo, onde rompeu con todas as apostas ao superar aos grandes favoritos que levaban anos gañando neste circuíto, os irmáns Gabriel e Esteban Serrano.
O piloto do Automóbil Club Zamora chegaba co reto de sorprender, e fíxoo ao impoñerse nas tres mangas e chegar á final na “pole position” xunto aos seus principais rivais. Aí, consciente de que unha boa saída podía ser clave para a vitoria, non o dubidou e apertou para saír á vez que “os Serrano” e adiantarlles na primeira curva, aguantando ata o final á cabeza da carreira.
Así, Escribano puido subir a todo o máis alto do podio algo que “non esperaba”, tal e como el mesmo recoñeceu, e non ocultaba a súa satisfacción pola vantaxe que adquiriu na clasificación xeral do Nacional respecto ao segundo, Rafa Gallardo, cando quedan catro carreiras por diante, a metade do campionato.