Varios grupos de mozos, mesmo menores de idade, teñen amedrentados aos residentes de diferentes barrios de Carballo, así como aos moradores e usuarios da estación de autobuses, onde algún condutor e os xestores da cafetería coinciden en que se apoderaron dela. Intimidan aos usuarios ata o punto de que algúns decidiron prescindir da estación, buscando paradas alternativas. Ademais esnaquizaron os baños e algúns farois. Xa constan varias denuncias respecto diso e a veciñanza pide máis vixilancia.
Outro punto quente, neste sentido, está na zona da Biblioteca Rego da Balsa, xunto á pista de Skate. Alí realízanse concentracións a miúdo incumprindo as normas sanitarias, esnaquizando o mobiliario público e este mesmo venres mesmo uns veciños foron testemuñas como lle plantaban lume a un solar situado nas inmediacións, que por sorte a herba aínda está verde e a combustión foi lenta. O 112 deu a voz de alarma, desprazándose ao lugar Protección Civil e os Bombeiros de Carballo, que tiveron que facer uso das mangueiras de auga para apagar o lume e refrescar a zona queimada.
