38
O Calvo Basket Xiria mostrouse intratable ante o Celtas de Foz, ao que lle endosou un contundente 47-67. 20 puntos de diferenza no partido xogado este sábado en terras luguesas, e cuarta vitoria consecutiva para o conxunto carballés. Cunha primeira parte moi igualada con resultados 11-14 e 14-11 nos dous cuartos, foi na segunda parte cando do Calvo Xiria apretou o pisón e se mostrou moi superior ao seu rival con un resultado abultado de 15-26 e 7-16. Asier Comendeiro foi o xogador Calvo da xornada con 12 puntos.