Cubertas as prazas fixas de medicina de familia en Laxe e Vimianzo

1 minutes read

A Consellería de Sanidade adxudicou 25 prazas fixas de médicos en centros coruñeses trala resolución do concurso de méritos para persoal facultativo especialista de atención primaria convocado pola Xunta de Galicia en maio de 2023. Este concurso posibilitou agora a cobertura con carácter fixo dunha praza en Laxe e outra en Vimianzo.

Tamén foron cubertas catro   prazas de medicina de familia no centro de saúde de Narón, tres nos de Boiro, dúas nos de Rianxo e Fontenla Maristany (Ferrol) así como unha praza en cada un dos seguintes centros: A Pobra, Ares, As Pontes, Arteixo, Frades, Muros (Esteiro), Mesía (Xanceda), Noia, Ribeira, Santa Comba, Teo (Cacheiras) e Trazo (Agro do Mestre).