Culleredo elabora un borrador dun bando para organizar as saídas dos menores á rúa

0 minutes read

Este bando recomendará que as saídas se organicen por horas e portais pares e impares para que esas saídas á rúa sexan o máis ordenadas posibles. Os nenos poderán sair a pé acompañados dun só adulto. Deberán buscarse espazos abertos e terán permitido dar un paseo cerca do seu domicilio por un espazo de tempo prudencial. O bando inclúe tamén outras recomendacións como que nos edificios de varios pisos se utilice as escaleiras en lugar do ascensor e que se evite tocar os pasamáns. Ao tratarse dun borrador poderá incluír modificacións adaptadas ao decreto publicado polo Goberno central.