Cúmprense 51 anos do asasinato do malpicán José A. Pardines, primeira vítima da ETA

2 minutes read

José Antonio Pardines Arcay​ nacera en Malpica de Bergantiños en 1943. Era fillo e neto de gardas civís e el mesmo era membro do corpo, destinado en 1968 no destacamento de Tráfico de San Sebastián.

Foi asasinado por ETA o 7 de xuño de 1968 en Aduna, Guipúscoa, momento no que a banda iniciou unha carreira asasina que lle levou a comenter 853 asasinatos. Os protagonistas son as víctmas e testemuñas daquel momento.

Ese 7 de xuño de 1968, Pardines e o seu compañeiro Félix de Diego Martínez estaban de servizo nun control na estrada local de Aduna á altura de Villabona (Guipúscoa), encargados do control do tráfico nunha zona en obras, situados un en cada extremo do tramo de estrada.

A súa xornada transcorría con normalidade ata que a Pardines, situado no punto quilométrico 446,700, chamoulle a atención un Seat 850 Coupé branco con matrícula Z-73956. Esta placa tróuxolle á memoria a dun vehículo roubado, polo que decidiu interceptalo e pedirlle a documentación aos dous ocupantes, Etxebarrieta e Sarasketa. Estes colleran ese desvío debido a unhas obras na Nacional I.

Mentres rodeaba o vehículo e se agachaba para comprobar que os datos da documentación correspondíanse cos do automóbil, os do motor e os do bastidor, do coche saíron os dous ocupantes, sacando un deles unha pistola e disparándolle un tiro na cabeza.

Posteriormente dispararonlle catro tiros máis. Eran as 17:30. Neses instantes pasaba polo lugar un camioneiro que detivo o seu camión ao oír o ruído do disparo, pensando que picara unha roda. Ao baixar do vehículo e ver o acontecido, tratou de reducir aos dous pistoleiros, pero o encañonaron e lograron fuxir.

Despois os dous etarras fuxiron do lugar, pasando xunto ao compañeiro de Pardines, o garda Félix de Diego, que non se decatou de nada. Tras ser informado do ocorrido polo camioneiro que presenciou o tiroteo, de Diego —quen en 1979 tamén morreu asasinado por ETA— deu o aviso e púxose en marcha un operativo de procura dos pistoleiros.

Pouco despois, ambos etarras foron interceptados polas patrullas da Garda Civil preto de Tolosa. Nese momento Txabi Etxebarrieta sacou a pistola e os axentes forcejearon con el para arrebatarlle a arma; ao botar man á pistola tamén Sarasketa, produciuse un tiroteo no que Txabi resultou ferido de gravidade. O etarra foi trasladado ao hospital de Tolosa, onde finalmente faleceu. Sarasketa conseguiu escapar inicialmente, pero foi detido unhas horas máis tarde, na madrugada do 8 de xuño, na igrexa da localidade guipuscoana de Régil, onde se ocultou.

Documental conmemorativo 50 Aniversario. Fonte.- G.C.