47
Carlos Sainz (X-Raid Mini JCW) é o primeiro líder de coches no Rally Dakar 2021. O piloto madrileño foi o máis rápido na etapa 1, con saída en Yeda e chegada en Bisha, tras unha espectacular remontada. Sainz partía 28º tras sufrir unha picada na etapa prólogo pero iso non foi impedimento para o vixente campión. Superou a todos os seus rivais para acabar en primeiro lugar esta especial de 277 quilómetros entre as localidades de Yeda e Bisha e completou o percorrido total en 03:05:56. O español cruzou o primeiro a liña de meta con 25 segundos de vantaxe sobre o francés Stéphane Peterhansel, segundo. O terceiro posto do podio foi para Martin Prokop, que acabou a 3 minutos e 18 segundos.