Con algo de fortuna, debido a un incidente entre os dous pilotos que rodaban por diante na final de Car Cros, Darío Calviño conseguía no circuíto municipal de Carballo a súa primeira vitoria co Yacarcross SXC, despois de gañar a súa semifinal rodou sempre en terceira posición na final aguantando moi ben a presión de Antón Muiños, pero cando se dispoñía a afrontar a última curva coa bandeira de cadros á vista comprobaba como Joaquín Chamorro e Maikel Vilariño estaban fóra da pista, tras engancharse cando se disputaban a primeira praza. Darío volvía subir así ao primeiro lugar do podio, logrando a súa terceira vitoria no Campionato de Galicia de Autocrós, pois as dous anteriores foran no trazado de Ou Castro en 2018 e 2019.
Ademais, Javier Ramilo, tras marcar o mellor tempo nos adestramentos, concluía cuarto despois de verse prexudicado na súa semifinal por un suposto funcionamento erróneo do semáforo, polo que arrincaba antes de que se apagase e era penalizado con 30 segundos despois de dominar a súa serie. Por outra banda, Daniel Remuiñán rompía o motor nos adestramentos e, aínda que era substituído polos mecánicos de Yacar Racing, xa non podería mellorar a novena na que concluía na final.