70
Os servizos de urxencias e de emerxencias dos hospitais galegos gardaron un minuto de silencio ás oito da tarde deste venres. Foi un momento moi emotivo e fíxerono polos profesionais sanitarios falecidos, polos que estiveron ou están na primeira liña de loita contra o coronavirus, polas súas familias e tamén por toda a pobación e a axuda que reciben dela.