«Debería preocuparnos asumir con naturalidade que ser crítico en Galicia pode supoñer o ostracismo»

A pasada semana, os traballadores e as traballadoras dos medios públicos galegos foron recoñecidos co Premio José Couso Liberdade de Prensa. A acta do galardón a Defende A Galega destaca a súa mobilización «sen precedentes nos medios públicos galegos» e o feito de que este colectivo de persoal da TVG e da Radio Galega se «convertese no símbolo dunha pelexa pacífica e tenaz que desborda os límites da televisión e da radio públicas e que debera involucrar non só a toda a profesión xornalística senón ao conxunto da sociedade galega».

Alégranos especialmente que sexa un premio votado polos compañeiros e compañeiras xornalistas, unha confirmación do apoio de moitos profesionais doutros medios cada venres negro. Entendemos este premio Couso como un recoñecemento á importancia do servizo público e á mostra de dignidade e responsabilidade profesional do cadro de persoal da CRTVG. E parécenos tamén unha chamada de atención sobre os atrancos que a liberdade de prensa enfronta nos nosos medios, tanto nos públicos como nos privados.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha