Debut en Carballo nesta tempada 23/24 para o Calvo Basket Xiria

1 minutes read

Este sábado as 17h, o Pavillón Vila de Noia, volverá a verse baloncesto, volve a Liga EBA a través do CALVO BASKET XIRIA, que se medirá nesta segunda xornada a un dos equipos da Zona media e rival directo coma é o BOSCO SALESIANOS OURENSE.
O equipo dirixido por Héctor Méndez, contará con todos os seus efectivos para intentar sumar a primeira vitoria da tempada e aproveitar que veñen dúas xornadas seguidas como locais (contra Universidad de Oviedo).
Tras un comezo cun partido irregular, típico de inicio de tempada, xogado con moita precipitación, salvo minutos alternos de boa calidade, o equipo carballés está preparado para dalo todo e inaugurar o “casilleiro” de vitorias, sabendo que ante si terá un duro rival, con xogadores de moito nivel e que se reforzou moi acertadamente, para a afrontar unha tempada máis a Liga EBA.
Dende o Club e para atraer ó máximo número de seguidores posible, farán esta xornada de portas abertas e non se cobrará entrada. Esperando que así acudan os seareiros mais habituais e os que non o son tanto, para ver un basquet de calidade e con gran atractivo de xogo.