O Comité de Plan de Calor, no marco do Plan de Actuacións fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, vén de declarar a situación de aviso por episodio de calor de nivel II (duración media) en 59 dos 92 municipios da provincia de Ourense, en concreto nas seguintes zonas:
Sur de Ourense (Allariz, Baltar, Bande, Baños de Molgas, Os Blancos, A Bola, Calvos de Randín, Castrelo do Val, Celanova, Cualedro, Entrimo, Gomesende, Laza, Lobeira, Lobios, A Merca, Monterrei, Muíños, Oímbra, Paderne de Allariz, Porqueira, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Verea, Verín, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Vilardevós, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía).
Montaña de Ourense (O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Esgos, A Gudiña, Maceda, Manzaneda, A Mezquita, Montederramo, Parada de Sil, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, Riós, A Teixeira, A Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Xunqueira de Espadanedo).
Valdeorras (O Barco de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, Vilamartín de Valdeorras).
A situación meteorolóxica en Galicia está determinada pola entrada dunha masa de aire moi cálida procedente do norte de África que leva xa varios días sobre o resto da península Ibérica e que, ao calmar o vento, afectará tamén a Galicia, deixando altas temperaturas, tanto mínimas como máximas, especialmente en puntos da provincia de Ourense. A previsión é que se manteña polo menos ata o xoves, ocasionando este episodio de calor no Sur de Ourense, Montaña de Ourense e Valdeorras, que aínda podería estenderse a outras zonas.