29
- Sucedeu na mañá deste luns nas inmediacións do campo de fútbol do Carral
Un pequeno incendio nun colector de lixo ao carón do campo de fútbol do Carral, na parroquia carballesa de Sofán, obrigou aos Bombeiros de Carballo a desprazarse ata o lugar tras ser avisados polo CIAE 112 minutos antes das once e media da mañá deste luns.
Unha vez no punto, os bombeiros comprobaron que do interior do colector saía fume pero non había lapas. Empregáronse 200 litros de auga para refrixerar o recipiente que, segundo sinalaron, non se viu moi afectado. Non houbo danos persoais.