37
- Quedan suspendidas todas as actividades municipais para esta fin de semana
O Concello de Malpica, en acordo con todos os representantes dos grupos políticos que integran a corporación, decidiu na mañá deste xoves decretar dous días de loito oficial tras coñecer o falecemento de dous veciños da localidade. O loito comezará ás 00:00 horas este venres e finalizará este sábado á medianoite. Ademais as bandeiras ondearán a media hasta.
Tamén quedan suspendidas todas as actividades municipais programadas para esta fin de semana, e os centros municipais permanecerán pechados.