Defende A Galega pide «a todos os partidos» que aborden «de inmediato» o cumprimento da lei de Medios

1 minutes read

Galicia volverá votar cos seus medios públicos baixo a lupa. O persoal mobilizado na CRTVG cumpre 92 venres negros, 92 semanas de protesta «contra a manipulación» e polo cumprimento da lei de Medios. A cidadanía galega acudirá ás urnas o vindeiro 5 de abril a pouco de cumprirse dous anos desde que Defende A Galega tinguise de loito as súas demandas, tamén pola mellora na calidade da radio e da televisión públicas, e sen trazas de solución a ningunha das súas reclamacións malia históricas folgas e mobilizacións na rúa. O colectivo que impulsa as protestas aproveita a convocatoria electoral para recordarlles «a todos os partidos» que «hai un asunto pendente que se debe abordar de inmediato: unha lei de Medios aprobada no Parlamento que segue sen cumprirse».