Defensa despregará 30 patrullas polos montes galegos para combater o lume

0 minutes read

A Brilat súmase á vixilancia dos montes, nunha campaña de colaboración co Exército que leva 20 anos repetíndose todos os veráns en Galicia. Este ano prolongarase, en principio, ata o 1 de outubro. Son trinta patrullas con vinte militares que achegan tamén medios aéreos e nesta campaña terán un papel destacado os drons. O ano pasado conseguiron abortar máis de cen conatos de incendios.