Demasiado castigo en Canarias para o Calvo Xiria balonmán (27-21)


Cuarta xornada da Primeira Nacional Masculina de balonmán. O Calvo Xiria chegou a Canarias ocupando a terceira praza da clasificación con 5 puntos, cun balance de dúas vitorias e un empate nas xornadas disputadas. Facíao tras vencer a pasada semana ao Balonmán Ingenio (30-26), nun duelo de dous aspirantes a loitar polo ascenso.

Este sábado ás 20:00 horas esperáballe o Gourmet Ampate Lanzarote no pavillón IES Blas Cabrera Felipe. Comezou marcando o conxunto local que levou a iniciativa desde o primeiro minuto, aínda que o Calvo Xiria seguíalle de preto, chegando a empatarlle en varias fases do primeiro tempo, chegándose ao descanso en clave local co resultado de 12-10.

Máis do mesmo ao comezo da segunda metade, o equipo canario mantiña a diferenza de dous ou tres goles durante os primeiros 10 minutos. A partir de aí o Calvo Xiria reaccionou ben e meteuse no partido, chegando a conseguir o empate a 17 goles no meridiano desta segunda parte e colocarse un por encima un minuto máis tarde, 17-18.

Pouco lle duraría a vitoria aos xogadores que dirixe Adrián Dubra, os canarios reaccionaron ben en defensa e ataque, en menos de 5 minutos fóronse tres goles por arriba, tempo morto e volta a empezar. Volveu poñerse a un gol o Xiria, pero unha moi boa intervención do porteiro local e un xogo demoledor en ataque condenaron a equipo carballés no últimos cinco minutos, tocaba sufrir a primeira derrota da tempada, 27-21.