Demasiado Ribeiro para o Calvo Xiria (39-34)

1 minutes read

O Calvo Xiria viaxou este sábado ata Ribadavia, ao pavillón de O Consello, onde xogou contra o Bm Ribeiro Rodosa Ourense Provincia Termal. O conxunto local, fixo esta tempada unha aposta forte por renovar a casi todo o plantel que partía xa con moita calidade e fichar a xogadores da talla de Pablo Gayosoe Daniel López e de entrenador Víctor Efrén. Unha aposta do club por afianzarse na zona noble da categoría. O Calvo Xiria; que empezou con bo pé nas dúas primeiras xornadas; partía coa idea de que cada partido é unha oportunidade de lograr os puntos que precisa para cumprir os seus obxectivos. En todo caso, esta foi unha xornada para olvidar, toca seguir traballando para avanzar nunha competición que non se presenta doada. Os de Adrián Dubra caeron en O Consello por 39-34, na que foi a terceira xornada desta Primeira Estatal, nun partido que foron a rebufo de principio a fin. Nos dous primeiros encontros sumaron os catro puntos posibles. O próximo partido será na casa contra o Bueu Atlético.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?