Dentro de un mes entrará en vigor el decreto que crea y regula los edificios residenciales

Foto.- Ana Varela.

O decreto polo que se regula o novo Informe de avaliación dos edificios (IAE), un instrumento deseñado pola Xunta para acreditar o estado de conservación, a accesibilidade e a eficiencia enerxética de inmobles residenciais, entrará en vigor no mes de maio. Cómpre lembrar que deberán someterse a esta avaliación obrigatoria todos aqueles edificios de tipoloxía residencial de vivenda colectiva que teñan 50 anos ou máis, carezan de declaración firme de ruína e con independencia de que nos mesmos existan outros usos distintos ao residencial.

O Diario Oficial de Galicia publicou o devandito decreto, aprobado polo Consello da Xunta o 8 de abril e en virtude do cal se crea tamén o Rexistro galego de informes de avaliación dos edificios (Regiae), no que se deberán inscribir todos os IAE. A nova normativa entrará en vigor dentro dun mes a contar desde hoxe, aínda que os propietarios dos inmobles afectados terán tempo para encargar e presentar os preceptivos informes.

Os concellos que así o consideren, en función do número e da antigüidade dos edificios así como dos seus propios medios e necesidades, poderán establecer un calendario para a presentación gradual dos IAE naqueles casos en que á entrada en vigor deste decreto xa teñan cumpridos 50 anos ou máis. En todo caso, nunca poderán superar os seguintes prazos: un ano desde a entrada en vigor da normativa reguladora do IAE para os edificios catalogados, e ata tres anos para o resto dos edificios con máis de medio século.